O novo alcalde de Vilar de Barrio foi recibido pola delegada da Xunta

310719 alcalde de Vilar de Barrio
O novo alcalde de Vilar de Barrio foi recibido pola delegada da Xunta

Esta xuntanza da delegada territorial da Xunta en Ourense enmárcase nos encontros que está a manter coas alcaldesas e alcaldes da provincia logo da constitución das novas corporacións locais

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho ao alcalde do concello ourensán de Vilar de Barrio, Manuel Conde Gómez, novo rexedor desta localidade. O propósito deste encontro, como lle explicou Díaz Mouteira a Conde Gómez, é “coñecer aos rexedores que exercen o seu cargo por primeira vez na provincia, co obxectivo de saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Esta xuntanza enmárcase nunha rolda de contactos cos alcaldes da provincia que a delegada territorial iniciou a mediados do pasado mes de xuño, logo da constitución das novas corporacións locais, co fin de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos, así como analizar a marcha daqueles proxectos que o Goberno galego está a desenvolver neles.

Marisol Díaz na súa primeira xuntanza co novo alcalde de Vilar de Barrio recordou os apoios de máis de 810.000 euros que a Xunta destinou a este concello, dos que case 310719 alcalde Vilar Barrio1380.000 euros foron a través de ordes de subvencións, máis de 325.000 euros vía convenios, e pouco máis de 105.000 euros achegados ao abeiro de outras actuacións.
Dos proxectos realizados en Vilar de Barrio que recibiron achegas do Goberno galego nestes últimos anos, Díaz Mouteira subliñou os relativos a melloras en camiños municipais, a reestruturación parcelaria en San Pedro de Maus, a repoboación e recuperación do potencial forestal danado en varios montes polo lume, equipamento de emerxencias para a asociación de voluntarios de Protección Civil e a a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos, entre outras actuacións.
A representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle a Manuel Conde o seu desexo de continuar a traballar de xeito coordinado coa Administración local para dar resposta ás demandas da veciñanza e mellorar súa calidade de vida.