A "ratio" no CEIP de Vilar de Barrio cúmplese estríctamente

IMG-20181025-WA0011
A "ratio" no CEIP de Vilar de Barrio cúmplese estríctamente

Danos moita pena que o nome dun centro que sempre foi coñecido polos seus premioshoxe se identifique por datos de falta de profesorado, que son falsos

Aproveitando a visita a Xinzo da Delegada da Xunta fixo declaracións interpelada polos medios sobre o problema de falta de profesorado no CEIP de Vilar de Barrio, segundo comentan e manifestan os pais.

A pregunta concreta sobre os seus comentarios sobre os feitos acaecidos nestas últimas semanas Mouteira comentou:

IMG_7373Como en moitos doutros centros o catálogo de profesorado está elaborado polos técnicos da consellería e os propios sindicatos, por tanto o criterio dos país, merécenos o máximo respecto, pero nos traballamos tamén co máximo sentidiño.

O colexio de V. de Barrio foi coñecido ata agora por múltiples premios, nos pedimos apelar ao sentido común. Hoxe por hoxe está cumprindo con todas as ratios e criterios técnicos establecidos co que é moi lícito que eles sigan potenciando o seu criterio.

Danos moita pena que o nome dun centro que sempre foi coñecido polos seus premios e polo seu bo facer, sexa recordado agora, que é o que realmente queda na xente, como un centro no que non hai profesores en V. de Barrio.