"Respétanos. Recorda que ti tamén serás maior” unha iniciativa de Vilar de Barrio polo respeto aos maiores

Foto cedida
"Respétanos. Recorda que ti tamén serás maior” unha iniciativa de Vilar de Barrio polo respeto aos maiores
A actividade desenvolverase en distintos puntos de Vilar de Barrio e consistirá en deixar reflectidas, en distintas pancartas e frases, recordos e virtudes que están relacionadas coas persoas maiores.

Mañá, o Centro de Día e Fogar Residencial de Vilar de Barrio sumarase á celebración do Día mundial para a toma de conciencia do abuso e maltrato na vellez. A finalidade é “concienciar e denunciar ou malos tratos, abuso e sufrimento que están a pasar moitos maiores en diversas partes do mundo”.

Esta actividade consistirá en deixar reflectidas, en distintas pancartas e frases, recordos e virtudes que están relacionadas coas persoas maiores. Destacar os aspectos positivos das persoas maiores é o obxectivo desta iniciativa.

Colaboran Concello de Vilar de Barrio e o Centro de Día e Fogar Residencial. Este é un servizo que conta con 25 prazas para centro de día e 24 para fogar residencial. Aquí, promóvense diferentes actividades involucrando á comunidade e ás familias para fomentar a socialización, previr a dependencia e mellorar a saúde.