Veciños de Vilar de Barrio recollen sinaturas para pedir un caixeiro automático

abanca
Veciños de Vilar de Barrio recollen sinaturas para pedir un caixeiro automático

Polo momento conseguiron mil firmas

Os veciños e veciñas de Barrio xuntáronse para reunír firmas e pedir a Abanca que instale un caixeiro automático no concello. Ata agora conseguiron mil firmas que llas farán chegar á entidade financieira. A iniciativa leva anos en marcha. A xente de Vilar de Barrio ten que desprazarse ata Xinzo para facer caquera operación bancaria cando pecha a sucursal de Abanca. Consideran que en moitos casos supón un problema sobre todo porque a maioría da xente ten máis de 65 anos.

A súa petición aínda non tivo resposta pero sinalan que seguirán peleando para que o municipio con preto de 1500 habitantes, teña un caixeiro automático.