Vilar de Barrio celebra o seu concurso de decoración de Nadal

tarxetas vilar de barrio
Vilar de Barrio celebra o seu concurso de decoración de Nadal

Tes ata o 31 de decembro para participar nesta segunda edición do Concurso de decoración de Nadal de exterior de Vilar de Barrio

Co obxectivo de promocionar as festas do Nadal no Concello de Vilar de Barrio, este concurso nace alentando a participación de familias, mocidade, asociacións e negocios do Concello. O espírito de Nadal aprópiase dos veciños para fomentar os valores locais así como a conciencia medioambiental.

tarxetas vilar de barrioPoderán participar todos aqueles que decoren o exterior das súas casas ou dos espazos públicos dos pobos, nun prazo que abrangue dende o 12 ata o 31 de decembro. A decoración comunicarase ao Concello con carácter previo á súa execución e terá que ser retirada polos seus autores antes do día 12 de xaneiro. En caso contrario, o Concello procederá á súa retirada. Ademais, valorarase o emprego de materiais naturais ou reciclados; o deseño e orixinalidade; e o fomento dos valores locais e tradicionais.
O xurado que elixirá aos gañadores comporase por un representante de cada un dos pobos do Concello participante neste concurso e o seu fallo coñecerase o 4 de xaneiro nun acto celebrado no salón de actos do Concello de Vilar de Barrio ás 18:00h. Estes galardoados recibirán premios económicos destinados ao gasto no comercio local: a mellor casa recibirá 100€; a segunda e terceira 50€ cada unha; e finalmente os dous espazos públicos mellor decorados 100€ cada un.