Vilar de Barrio celebrará o fin de semana a 43 edición da Festa da Pataca

Vilar de Barrio celebrará o fin de semana a 43 edición da Festa da Pataca
Dende o venres haberá diferentes actividades

O sábado 9 de outubro ás 11:30 abrirase a Festa da Pataca de Vilar de Barrio coa apertura da exposición e venda de produtos, concursos de pataca etc.

100 € para os primeiros premios

Nos diferentes concurso que se levarán a cabo durante a xornada do sábado escollerase a pataca máis grande, a máis rara, así como conxuntos de produtos de outono.

Xogos, comidas, ceas e actuacións

Durante os dous días de celebración haberá diversas actividades entre as que atopamos a actuación do humorista Sergio Pazos ás 22:00 do venres e a da orquestra M-3 SHOW o sábado ás 18:00.

309375477_473873504790031_4200716038034481085_n
Programa completo da feira