jueves. 28.09.2023

A 41ª edición do Festexo da Pataca de Vilar de Barrio  este ano pon en valor “a pataca de secano”. O Inorde colabora con esta celebración a través dun stand propio no que exhibe as razas autóctonas (ovella galega, cabra galega e porco celta), así como co Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, co obxectivo de dar a coñecer entre os visitantes “o traballo que realiza este organismo a prol do sector primario, sobre todo, nunha comarca coma a da Limia na que a agricultura e a gandaría son eixos fundamentais do desenvolvemento económico e social da zona”, destacou Emma González.

rhdr

Nesta edición, como novidade, celebrouse un acto de hermanamento cos produtores de Coristanco que tamén apostan pola pataca de secano. Na Feira déronse cita máis de vinte produtores no Toural que amosaron, desde as 10.00 horas, as súas mellores patacas. Pero, ademais, houbo un  espazo dedicado a expositores de maquinaria agraria, concursos, degustacións e catas de viños.

No apartado de concursos houbo premios para a pataca máis grande, a pataca máis rara, para o conxunto de produtos de outono e para os produtos de outono individuais.