Vilar de Barrio contará cun dispositivo de vixilancia con drons para garantizar o uso responsable da auga

Casa do Concello de Vilar de Barrio. | FOTO: Arquivo.
Vilar de Barrio contará cun dispositivo de vixilancia con drons para garantizar o uso responsable da auga
O Concello de Vilar de Barrio, como moitos outros, vive o ano máis seco da súa historia e toma medidas para concienciar do uso responsable da auga

O Concello de Vilar de Barrio vive o ano máis seco da súa historia e ten problemas de suministro coma moitos outros Concellos da comarca

A partir de hoxe -segundo comenta o alcalde nunhas declaracións para o informativo de onte, 11 de agosto, de Onda Cero Ourense-, iniciarase un dispositivo cun par de drons para detectar quen fai un uso indebido da auga procedente do suministro municipal.

O alcalde, Manuel Conde, asegura que estas medidas servirán para concienciar á xente do cumplimento das restricións de uso: "Para que a xente que usa indebidamente a auga modifique a súa actitude o que facemos é utilizar unha medida intelixente. Pois imos a través da tecnoloxía actual, mirar o que hai". Así, con estes drons recolleranse datos e crearase unha ordenanza que garantice que "aquela xente que despois de intentar convencela, continúa gastando auga indebidamente, teña a correspondente sanción".

Tamén comenta o alcalde neste informativo por Paco Sarria que "o obxectivo non é recaudar, o obxectivo é que non se consuma ese auga". Segundo explica, calcúlase que é sobre o 2% da poboación o que fai un mal uso pero co suministro escaso de auga existente pódese causar o baleiramento do depósito.

Respecto ás leis de protección de imaxe e de datos, todo o que se grave estará baixo a legalidade e Manuel Conde afirma que está contratada unha empresa que sabe perfectamente a lexislación para levalo a cabo.