lunes 6/12/21

O concello de Vilar de Barrio porá en marcha dous programas CONCILIA para este verán.

OBRADOIROS, PINTURAS, SENDERISMO E RUTAS EN BICI

Dependendo da idade dos nenos e nenas, serán distintas as actividades a realizar en cada un dos programas CONCILIA.

O dos máis pequenos comezará o 5 de xullo  e rematará o 27 de agosto  e levarase a cabo en horario de mañá 10 a 14 de luns a venres.

O segundo comezará  o 6  rematando 26 de agosto, con horarios de tarde os martes, mércores  e xoves.

As prazas en ámbolos casos será ata completar o aforo, comezando o prazo o 14 de xuño.