“Voces”-Campaña en prol da igualdade entre homes e mulleres no concello de Vilar de Barrio

Presentación da campaña "Voces" en Vilar de Barrio
“Voces”-Campaña en prol da igualdade entre homes e mulleres no concello de Vilar de Barrio

Foi presentada hoxe 8 M coa presenza do alumnado dos ceip de Vilar de Barrio e Sarreaus.

Este 8 de marzo, día Internacional da Muller, o concello de Vilar de Barrio realizou un acto de presentación da nova campaña en prol da igualdade entre homes e mulleres: “Voces”. Neste acto o principal protagonista foi o alumnado dos colexios de Sarreaus e Vilar de Barrio dando lectura aos diferentes soportes expositivos espallados por diferentes lugares do municipio.

Presentación da campaña "Voces" en Vilar de Barrio
Presentación da campaña "Voces" en Vilar de Barrio

A mostra recolle os versos de numerosas artistas galegas como Tanxugueiras, A Banda da Loba ou as Punkiereteiras, entre moitas outras. Con esta exposición preténdese “capturar historias de vida en forma de cancións” e deste xeito poñer en valor o traballo feminino e loitar por facer un camiño cara a igualdade.

As artistas tamén quixeron estar presentes no acto e mandaron un pequeno saúdo en formato de vídeos proxectados in situ e que serán proxectados tamén nas redes sociais de Vilar de Barrio.

A exposición manterase durante toda a primavera nos quince núcleos escollidos coa finalidade de crear unha ruta que permita “visitar e escoitar Vilar de Barrio en clave de xénero”.