lunes 25/10/21
NO MUSEO DA LIMIA

1921 – 2021. EXPOSICIÓN CENTENARIO ANTÓN TOVAR

Celebrarmos o centenario da súa nacenza tráenos espléndida oportunidade para nos asolagar na beleza verbal da súa memorábel obra artística, contribución de calidade ás letras galegas.

Museo da Limia
Museo da Limia
Mañá xoves, dia 2 de setembro, ás 12:00 horas, no Museo da Limia (Vilar de Santos), o alcalde de Vilar de Santos e a alcaldesa de Rairiz de Veiga, acompañados do Presidente do Padroado, abrirán oficialmente a Exposición conmemorativa do Centenario do poeta limiao, Antón Tovar.

A citada mostra, que poderá ser visitada os sábados e domingos, de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, ata o día 26 de outubro –data na que se cumpren 100 anos do seu nacemento− ubicada na Biblioteca da Limia e na Sala Xaquín Lourenzo, consta de exemplares de varias das primeiras edicións dos seus libros, textos inéditos, manuscritos, documentos da vida do autor, os orixinais das ilustracións do primeiro libro, El tren y las cosas, obra de Arturo Baltar, caricaturas e retratos de autores limiaos (Xosé Lois Carreira, Victoria Taboada e Manuel Traveso, Toño Monteiro, entre outros), fotografías e un texto específico do Presidente do Padroado, Delfín Caseiro.