O alcalde de Vilar de Santos visita ao Delegado da Xunta en Ourense

Audiencia Alcalde de Vilar de Santos
O alcalde de Vilar de Santos visita ao Delegado da Xunta en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial co alcalde do concello de Vilar de Santos, Antonio Míguez, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.

Tratouse dunha primeira toma de contacto para repasar temas prioritarios para o municipio.