Antonio Míguez, xa é o novo alcalde de Vilar de Santos

Antonio Míguez
Antonio Míguez, xa é o novo alcalde de Vilar de Santos

Nun acto sinxelo pero emotivo, colleu o “testigo” de Xan Jardón, que non puido deixar de tomar a palabra para falar de Antonio.

Na mañá do sábado 05.03.22 o salón de cultura do concello de Vilar de Santos quedouse pequeno para a cantidade de veciños e amigos que quixeron acompañar a Antonio Miguez, na súa toma de posesión.

Antonio Míguez
Antonio Míguez

Visiblemente emocionado dirixiuse aos veciños, despois de prometer o seu cargo, para agradecer en primeiro lugar a todos os alcaldes da democracia (de esquerdas) que gobernaron “tan ben” o concello de Vilar de Santos, todo elo co apoio dos veciños. “Os mellores veciños da Limia e de Galicia”, segundo el dixo.

Falando dos alcaldes que o precederon, non se esqueceu do que segundo el foi o sétimo alcalde de V de Santos, o cura de Parada, recentemente falecido.

AMIGOS E TAMÉN POLÍTICOS ASISTIRON AO ACTO

0041
Membros de AXIL co novo alcalde

Varios foron os políticos que quixeron acompañar a Antonio, neste día tan sinalado entre os que se atopaban o alcalde de Vilar de Barrio e os membros de AXIL, membros do goberno de Xinzo.

Veciños que asistiron ao acto
Veciños que asistiron ao acto