A Arca da Noe finalista dos premios Martín Códax na categoría de sala de espectáculo

noemi
A Arca da Noe finalista dos premios Martín Códax na categoría de sala de espectáculo

A taberna cultural situada en Vilar de Santos está de noraboa e non é para menos. A Arca da Noe é finalista ós premios Martín Códax na súa categoría de salas de espectáculos, xunto con Aturuxo de Bueu e Garufa Club de A Coruña. Os tres optan a gañar o galardón que os recoñecería como "cómplices imprescindibles dos músicos e músicas".

Os Martín Códax celebran desta volta a súa terceira edición e son uns recoñecementos do potencial musical de Galicia, promovidos pola Asociación de Músico ao Vivo.

Este ano un local da Limia opta a este premio. A Arca da Noe leva dende 2014 sendo un espazo referente polas súas cuantiosas propostas musicais. Cada fin de semana contan cunha programación completa que vai dende obradoiros ata concertos ou conferencias. Polo seu escenario teñen pasado grupos locais como Cantaralai ou Habelas Hainas e dende máis lonxe como Kepa Junkera ou Mini e Mero entre outros moitos nomes.

Agora toca esperar ó 28 de abril para ver si o local de Vilar de Santos gaña o galardón que o recoñecería como unhas das mellores salas de espectáculos de toda Galicia. A gala celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra.