A Arca da Noe inicia os seus cursos de pandeireta e baile tradicional

22046118_1647423875322486_698258397032317446_n
A Arca da Noe inicia os seus cursos de pandeireta e baile tradicional

O local de Vilar de santos segue a ser referencia.

A Arca da Noe vén de anunciar o comezo dos novos cursos de pandeireta e baile tradicional no seu local de Vilar de Santos. As formación comezarán este venres 20 de outubro e celebrarase unha clase os venres cada 15 días.

O nivel un de pandeireta e canto impartirase de 17:00 a 18:30 horas; o nivel dous de pandeireta tradicional de 18:30 a 20:00 horas e o curso de baile tradicional terá lugar entre as 20:00 e as 21:30 horas. O prezo das formacións é de 15 euros ao mes e os interesados poden apuntarse enviando unha mensaxe de Facebook á Arca da Noe ou de maneira presencial no local.

21768385_1647423438655863_7716840275202922499_n

Patricia será a docente de pandeireta e canto. Cantora no grupo Coanhadeira e colaboradora no grupo Pesdelán, dispón dunha amplísima traxectoria na música popular. Así como Roberto, quen impartirá as aulas de baile tradicional.