25 de febrero de 2018, 17:07
Onte a noite, sábado, a Arca da Nóe vestiuse de gala para recibir a un novo escritor, neste caso do mesmo pobo, Vilar de Santos.
“Vidas culpaveis é o último ensaio escrito por Borxa Colmenero, no que baixo o subtitulo de O controlo neoliberal de crime, analiza o que as leis pretenden e o que pasa na actualidade, no referente a seguridade cidadá e as súas consecuencias reais.
(En breve publicaremos a entrevista co autor)
Unha grande veciñanza acudiu a presentación, na que estivo acompañado polo ex -alcalde Xosé A. Xardón.