O concello de Vilar de Santos amósase disposto a acoller refuxiados

refugiados-sirios-600x330
O concello de Vilar de Santos amósase disposto a acoller refuxiados

Dende o consistorio enviaron unha carta ó Ministerio para colaborar

A través dun comunicado, o concello de Vilar de Santos sinala que non son alleos á situación que se vive en Europa e que queren aportar a súa axuda. Así, ofrecen as instalacións públicas municipais que cumpran coa normativa, para acoller a persoas refuxiadas na medida das súas posibilidades e capacidade, coa intención de que sexan un lugar de acollida.

Dende o concello apuntan que "somos conscientes e comprometidos con esta situación e pensamos que nesta conxuntura, as administracións públicas temos un importante papel na busca de alternativas a esta emerxencia humanitaria e reflicten o noso compromiso".

O consistorio de Vilar de Santos enviou unha carta dirixida ó Ministerio de Asuntos Exteriores e á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que é o órgano que coordina as accións en Galicia. A través desa misiva queren comunicar o desexo de colaboración por parte do concello para acoller ós refuxiados. "Tratar de buscar solucións e axudar a este drama humanitario de persoas que foxen debido á guerra", apuntan dende o concello.