Constitúese o Consello Asesor do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia

CONSELLO ASESOR.FOTO1
Constitúese o Consello Asesor do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia

Mais de 20 limiaos e limiás forman parte do mesmo.

O pasado 30 de setembro constituíse en Vilar de Santos o Consello Asesor do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, que ten como finalidade definir e planificar a programación de actividades desta entidade.

Forman parte deste órgano asesor, que conta coa colaboración do ex-director do Museo de Ribadavia Xosé Carlos Sierra, máis de 20 limiaos/ás, entre os que se encontran o Alcalde de Vilar de Santos Xoan Jardón, o catedrático de Lingua e Literatura Galega e inspector de ensino Delfín Caseiro, o historiador Edelmiriro M. Cerredelo, os arquitéctos Manuel Seoane e Lola Peláez, o ex-alcalde de Vilar de Santos Antón Jardón, o ex-director do CPI de Rairiz Carlos Cid Arregui, a dona do café cultural \“A Arca da Noe\” Noemi Vázquez, a xerente da librería Nóbel de Ourense Celia Fernández Clemente, o director da revista Lethes Xosé Badás e o escultor Xosé Lois Carrera.

Na citada xuntanza acordouse abrir ao público, na segunda quincena do mes de xaneiro de 2018, a nova sala denominada Biblioteca da Limia, na que estará exposta a obra de 28 autores limiaos.

Tamén se deu a coñecer a nova Xunta Directiva. Presidente de Honra: Xan Xosé Jardón Pedras, Alcalde de Vilar de Santos, Presidente do Padroado: Delfín Caseiro Nogueiras, Vicepresidente: André Taboada Casteleiro, Coordinador: Xosé Antón Jardón Dacal, Tesoureiro: Jorge Miranda Borrajo, Secretaria: Sabela Rodríguez Jardón.

CONSELLO ASESOR.FOTO2

CONSELLO ASESOR DO MUSEO DA LIMIA:

Xan Xosé Jardón Pedras(Alcalde de V. de Santos)

Delfín Caseiro Nogueiras(Catedrático de Lingua e Literatura Galega, Inspector de Ensino)

Manuel Seoane Feijoo(Arquitecto, Profesor da Escola Antón Failde)

Xosé Antón Jardón Dacal (Ex Alcalde de V. de Santos, Secretario de A. Local xubilado)

Mª Dolores Peláez Rivero (Arquitecta, Profesora da Escola Antón Failde)

Edelmiro Martínez Cerredelo (Miro) (Historiador)

Noemí Vázquez Nogueiras (Noe) (Ensinante, Propietaria Arca da Noe)

Oscar Fernández Graña (Funcionario, Seprona);André Taboada Casteleiro(Tradutor)

Celia Fernández Clemente (Xerente Librería Nobel Ourense)

Sabela Rodríguez Jardón (Ensinante xubilada)

Anxel Dacal Jardón (Avogado)

Carlos Cid Arregui (Ensinante xubilado)

Antonio Míguez Nogueiras (Empregado, Tte. Alcalde Vilar de Santos)

Rafael Adalid Rodríguez (Ensinante)

Manuel Jardón Pedras (Ensinante xubilado)

Xosé Antón Taboada Fernández (Empresario Xubilado);

Xosé Carlos Sierra Rodríguez (Ex Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia)

Antonio Nogueiras Castro (Empresario)

Xosé Badás Fernández (Funcionario, Director Revista Lethes)

Xosé Lois Carrera López (Escultor)

Xosé Antonio Carrera Abelleira (Empresario)

Xulio Blanco Dapoza (Ensinante)

Jorge Miranda Borrajo(Empregado)