O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, visitou esta mañá as instalacións da empresa Veigas de Sabugueiro en Vilar de Santos

Visita do Delegado da Xunta a empresa Veigas de Sabugueiro en Vilar de Santos
O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, visitou esta mañá as instalacións da empresa Veigas de Sabugueiro en Vilar de Santos
Tamén mantivo unha reunión co alcalde de Vilar de Santos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado do alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón, a empresa Veigas de Sabugueiro, beneficiada da liña de axudas da Vicepresidencia segunda dentro do programa DeseñaPeme cun importe de 35.566 euros.

Gabriel Alén sinalou que o programa DeseñaPeme busca consolidar a cultura da innovación e o deseño no tecido empresarial de Galicia para dar resposta aos retos actuais, en liña co que marca Europa. O obxectivo, engadiu, é crear un ecosistema galego de deseño e innovación orientado ao desenvolvemento económico de Galicia.

A empresa

221221 Vilar de Santos 3Veigas de Sabugueiro trátase dunha microempresa agroalimentaria, emprazada no lugar de Sanguñedo, creada en 2011 co obxectivo de aproveitar os recursos que proporciona o sabugueiro cultivado en Galicia. Elabora unha polpa de bagas de sabugueiro maduras e seleccionadas a partir da que desenvolve a súa liña principal de produtos, as marmeladas e licores, baixo a marca Carabuñas, que tamén se utiliza para comercializar bombóns e infusións. Dispón doutras liñas nas que emprega as flores, como o concentrado de flores baixo a marca Cordial de Sabugueiro, desenvolvida en colaboración con Agacal.

A empresa conta con experiencia en actividades de deseño para a innovación, ao tratarse dun dos seus signos de identidade. Coidan moito a imaxe da marca, a través da seu logo e do packaging. Teñen certo recorrido en temas de innovación, cun proxecto subvencionado por Innovapeme 2020 e un proxecto piloto do Agacal, ambos da convocatoria 2020. Participou en programas de aceleración e ten recibido diferentes premios e recoñecementos.

Reunión co alcalde de Vilar de Santos

221221 Vilar de Santos 1No caso do municipio de Vilar de Santos, o delegado territorial puxo en valor os recentes investimentos da Xunta no concello como os da Consellería do Medio Rural de 29.350 euros dentro das axudas do Plan de mellora de camiños municipais e de acceso a parcelas agrícolas; os da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 63.000 euros para a humanización e mellora nas rúas do Forno e do Seixo, e de 24.690, 50 euros para o proxecto de corrección de impacto visual nos núcleos tradicionais incluído na ruta de Parada e mellora dos elementos patrimoniais comunais asociados; ou a proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, de 40.000 euros para mellorar a rede de abastecemento de auga en Laioso.