Elixio Rivas recibirá o premio Pedra Alta en Vilar de Santos o vindeiro sábado 25

2017102621531565042
Elixio Rivas recibirá o premio Pedra Alta en Vilar de Santos o vindeiro sábado 25

O mes pasado, a primeira xuntanza Consello Asesor do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, dirixida polo presidente do Padroado, Delfín Caseiro Nogueiras, acordou crear o premio Pedra Alta e concederllo a Elixio Rivas.

O vindeiro sábado, día 25 de novembro, terá lugar o acto de entrega do Premio Pedra Alta 2017 a Don Elixio Rivas Quintas. O mes pasado, a primeira xuntanza Consello Asesor do Padroado do Museo Etnolóxico da Limia, dirixida polo presidente do Padroado, Delfín Caseiro Nogueiras, acordou crear o premio Pedra Alta, un galardón cuxo obxectivo é recoñecer o traballo e dedicación de persoas ou entidades, encamiñados a pór en valor o coñecemento do pasado, a análise da realidade actual, a creación intelectual, os elementos identitarios, ou o apoio ao desenvolvemento económico e social da comarca da Limia.

O acto de entrega do premio realizarase pola mañá do sábado 25.

Así mesmo, acordaron recoñecer nesta primeira edición ao lexicólogo, etnógrafo e profesor de Xunqueira de Ambía, doutor en Filoloxía Románica, don Elixio Rivas Quintas.

O acto de entrega do premio realizarase pola mañá do sábado 25. Ás 11:15 horas realizarase unha visita ao Museo da Limia. A continuación realizarase a entrega do premio no salón multiusos da Casa do Concello de Vilar de Santos. Xa ás 14:30 horas terá lugar un xantar-cocido "Pedra Alta" no restaurante Novaíño –entre Sandiás en Piñeira–.

Ao acto público todas as veciñas e veciños están convidados. De querer acudir ao xantar, debe comunicarse ao correo electrónico museodalimia@vilardesantos.com, achegando un xustificante do ingreso de 22 € na conta aberta a nome do Museo da Limia, en Abanca, nº ES72-2080-5303-0230-4002-7225, antes do día 17 de novembro de 2017.