Encontro de escritores limiaos en Vilar de Santos

144
Encontro de escritores limiaos en Vilar de Santos

Será este sábado a partir das 11:00 horas no Museo da Limia.

O sábado 29 de abril, a partires das 11 horas da mañá, celebrarase un encontro de escritores limiaos en Vilar de Santos que, pola tarde, continuará co xa anunciado roteiro por diversos lugares da comarca que constituíron parte do imaxinario literario do autor.

Trátase de achegar unha visión personalizada, vinculada á figura e á obra do autor e ao ámbito territorial limiao.

O encontro de escritores de Vilar de Santos quere propiciar a recreación e a lembranza desta relación de Carlos Casares e da súa obra coa realidade limiá, punto de partida desde o que significar a incidencia do homenaxeado na existencia e na creación de cada un dos participantes. Trátase de achegar unha visión personalizada, vinculada á figura e á obra do autor e ao ámbito territorial limiao.

Pola tarde terá lugar un roteiro literario pola comarca antelá.

Entre os escritores limiaos que acudirán ao encontro ou enviarán notificacións atopamos a Isaac Alonso Estravís, Luis Álvarez Pousa, Delfín Caseiro Nogueiras, Xosé M. Cid Fernández, Federico Cocho de Juan, Gonzalo Iglesias Sueiro, Rafael Laso Lorenzo, Miro Martínez Cerredelo, Luis Otero, Chus Pato, Xosé Ant. Pérez Bouza, Antón Riveiro Coello ou Xabier Xil Xardón, entre outros.