A Escola Infantil de Vilar de Barrio abre a súa matrícula

Escola infantil vilar de santos
A Escola Infantil de Vilar de Barrio abre a súa matrícula
Ofertará 20 prazasa para nenos e nenas de ata 3 anos

A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, que pon á disposición das familias 20 prazas para crianzas ata os 3 anos de idade. Desde este curso 2022-2023 a inscrición será de balde para todas as nenas e nenos. As persoas interesadas non teñen que facer nada para que lle apliquen a gratuidade na escola infantil, será directamente o centro quen a formaliza ao estar este adherido á rede de escolas infantís da Xunta de Galicia.

O centro conta con persoal especializado que atende ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde. Un amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar pero tamén para acompañar aos menores no seu desenvolvemento como afirma Remedios Cid, unha das educadoras do centro: "Na escola infantil acompañamos a cada crianza no seu desenvolvemento integral. Ademais de proporcionar actividades e materiais adecuados ao seu momento evolutivo, creamos un entorno de seguridade emocional. Entorno que fomenta a súa autonomía, e polo tanto repercute nunha mellor autoestima."

As persoas interesadas en reservar unha praza para o próximo curso escolar teñen de prazo ata o 22 de maio para formalizar as súas solicitudes segundo o modelo normalizado que poden atopar na páxina web do Concello de Vilar de Santos (https://www.vilardesantos.gal/escola-infantil/) ou nas propias instalacións municipais. Para máis información poden poñerse en contacto vía telefónica no 988447109.