Evacuado en helicóptero un menor atropelado en Vilar de Santos

Helicopteropano
Evacuado en helicóptero un menor atropelado en Vilar de Santos
Hoxe ás 19 horas no pobo de Outeiro

O atropelo sufrido por un menor no lugar de Outeiro, na localidade ourensá de Vilar de Santos, provocou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

A poucos minutos das sete da tarde, o 112 Galicia recibiu o aviso dos feitos por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061. Na mesma chamada, os servizos sanitarios confirmaban a mobilización dunha aeronave medicalizada para o lugar.

Inmediatamente, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Xinzo.

Pouco despois, os servizos sanitarios confirmáronlle ao 112 que o rapaz ía ser trasladado no helicóptero cara o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense,