Hoxe da comezo o "Campamento de Nadal" de Vilar de Santos

nadalvilardesantos
Hoxe da comezo o "Campamento de Nadal" de Vilar de Santos

O municipio limián continúa con outras actividades dentro da súa programación de Nadal.

Dentro do programa de actividades culturais e de ocio que o Concello de Vilar de Santos organiza para as datas do Nadal, destaca o "Campamento de Nadal" que da comezo hoxe para os máis pequenos. Dende hoxe, día 26 de decembro, e até o vindeiro 4 de xaneiro, nenos da vila e visitantes poderán desfrutar de xogos, obradoiros, xincanas, contacontos, talleres de cociña, música e moitas outras actividades en horario de mañá.

Así mesmo, o municipio limián continúa con outras actividades dentro da súa programación de Nadal, como a visita organizada a Pazolandia ou actividades con xogos e audiovisuais todas as tardes do Telecentro da vila.