A inauguración da biblioteca do Museo da Limia envolta en eloxios polo Presidente da Real Academia Galega

IMG_5535
A inauguración da biblioteca do Museo da Limia envolta en eloxios polo Presidente da Real Academia Galega

Posicionou a Limia como un dos territorios máxicos de Galiza

Onte venres, inaugurouse a biblioteca do Museo da Limia en Vilar de Santos, onde se arquivaran as publicacións de autores da nosa terra. Ao acto asistiron diversas personalidades da Limia, entre os que estaban os Alcalades de Vilar de Santos, Maceda, Sandiás e Rairíz, o relixioso e lingüísta Elixio Rivas, o Presidente do Padroado, Delfín Caseiro... Tamén asistiron a Xefa Territorial de Educación, o Diputado de Cultura da Deputación, Manuel Doval e, como invitado de especial relevancia, Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, quen foi o último en intervir pero co que comezaremos nós.

IMG_5517Como ben dicimos, o derradeiro en regalarnos unhas palabras na inauguración foi o actual presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quen agradeceu a asistencia a todos os presentes.

IMG_5546

Comezou as súas verbas coas lendas que envolven a Limia e un recordo persoal, co canto das rás na Lagoa que lle servía para mostrar os seus fillos o que era a memoria cultural anegada da nosa terra agardando por nós. Menciona que moitos dos autores que enchen a biblioteca son amigos e fala do proxecto como un elemento chave, como un tesouro da imaxinación galega e posiciona a Limia como un dos territorios máxicos de Galiza. Fai un símil entre a lenda do Rei Arturo da nosa comarca e o seu regreso de Avalon cos que non perden a esperanza de que as cousas se poden trasnformar na vontade de todos.IMG_5541
Compara o emprazamento do Museo e o traballo de restauración que fixeron os veciños, coa vontade que temos na nosa terra de recuperación e preservación do noso, da nosa cultura, o que nos permitirá facer unha Limia mellor a través da memoria, que nos di quen somos e de onde vimos, pero tamén a través dos proxectos de futuro que é o que lle da vitalidade as cousas. "Nesa biblioteca, no coñecemento, na creación, nos autores está tamén esa consciencia e sementeira do futuro". Termina a súa intervención agradecendo ser invitado e comprometéndose a volver a intentar traer xente a través do Camiño de Santiago.

Pero realmente a inauguración comezou ca intervención do Alcalde de Vilar de Santos, que tras unha curta intervención agradecendo a asistencia de todos, facendo un chamamento a que o museo sexa un punto de encontro cultural xa non só para a Limia, senón para Ourense e toda Galicia. Agradeceu a axuda desinteresada de toda a cúpula que se encargou de levar adiante o proxecto, tanto polo xa feito como polo planificado, que según él, aínda é moito. Finalmente recitou unha peza de Antón Tovar, da súa obra "O vento no meu colo".

2nafronteira, puxeron a nota musical do acto

IMG_5552

Tras a intervención do Alcalde de Vilar de Santos, Carmen Penín interpretou algunhas pezas da súa creación. Ela forma parte da Biblioteca da Limia e é autora dun libro-cd adicado a muller ademáis de ter fundado o grupo "2nafronteira".

IMG_5544Logo da actuación de Carmen Penín interviu o ex-alcalde Xardón, quen nos explicou como se empezou a desenvolver o proxecto hai 13 anos, coa creación dun libriño que recollía a todos os autores da Limia, mais dicía Delfín, nas propias palabras de Xardón, que había que buscarlle contidos o libro e crear unha biblioteca cas súas obras. A creación do Consello Asesor, conformado por 30 homes e mulleres da Limia que traballaron de forma desinteresada, levou a comezar co traballo de creación do Museo, para darlle valor á creación cultural etnolóxica. Lembra como coa axuda o Centro de Cultura Popular da Limia foron comprendendo o que realmente se quería facer. Tamén lembra que non é unha biblioteca no sentido tradicional, senón unha posta en valor de todos os autores nados en territoros bañados polo Río Limia, dende onde nace ata a súa desembocadura, incluíndo Portugal. "Moitas veces facemos esforzo por coñecer o que temos lonxe, e non damos valor o que temos preto da casa" é un pouco o resumo da súa intervención. E remata facendo un chamamento a lectura dos autores da nosa terra lembrando que as súas obras están na biblioteca.

A siguiente intervención foi do Diputado da Cultura da Deputación, Manuel Doval quen comezou facendo un símil da cultura que rega as nosas vidas coa auga que rega a nosas terras. Fixo especial fincapé en ser xenerosos e participemos en construir un futuro basado no que fumos e no que somos agora, facendonos máis libres. Terminou a sua breve intervención comentando que "un só chega máis rápido, pero en conxunto chégase máis lonxe".

A continuación interviu Delfín Caseiro, comezou transmitindo un saúdo e unha desculpa de parte de Antón Riveiro, que non poido asistir pois recibía un premio. Logo, puxo as palabras literarias da inauguración, pois era o principal motivo da súa intervención.