O intenso fume que saía dunha casa causou o pánico en Vilar de Santos

santos
O intenso fume que saía dunha casa causou o pánico en Vilar de Santos

A Axencia Galega de Emerxencias recibiu a chamada dun particular, pasadas as 16.30h desta tarde, que alertaba do intenso fume que saía dunha vivenda de Vilar de Santos. De seguido acudiron ó lugar dos feitos os bombeiros de Xinzo de Limia, así como efectivos da Garda Civil e de urxencias médicas.

Vivíronse momentos de tensión polo temor a que unha muller se atopase no interior da casa. Finalmente todo quedou nun susto pois a vivenda estaba baleira. O intenso fume debeuse o feito de que ardeu o feluxe da cheminea o que provocou danos no conduto exterior.

A casa afectada atópase na estrada de Celanova, en fronte do museo de Vilar de Santos.