MEDIO AMBIENTE APOIA AO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS NO IMPULSO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE REHABILITACIÓN

201228 VilardeSantos
MEDIO AMBIENTE APOIA AO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS NO IMPULSO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE REHABILITACIÓN
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal mantiveron unha reunión por videoconferencia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, animou ao rexedor municipal a impulsar a rehabilitación do Concello de Vilar de Santos, a través da Área de Rehabilitación Integral.

A conselleira de Medio Ambiente e o rexedor municipal, Xoán Xosé Jardón Pedras, mantiveron unha reunión a través dunha videoconferencia, na que lle recordou que este concello conta cunha ARI desde xuño de 2011 e que na última convocatoria, a de 2020, recibiu un importe de case 40.000 euros para continuar coa recuperación do patrimonio edificatorio do concello.

Estes investimentos súmase á axuda concedida ao Concello ao abeiro do Programa de rehabilitación de vivendas de mestres e outros oficios, xa que a Xunta achegou unha axuda de case 32.500 euros.

Ángeles Vázquez salientou a implicación do Goberno galego coa rexeneración urbana deste concello ourensán e recordou que colaborou na execución dunha actuación de humanización e mellora da rúa Saínza e da Rúa do Forno, cun importe de 215.000 euros.

A conselleira de Medio Ambiente invitou ao rexedor municipal a seguir e continuar por dita senda de traballo, pois a coa recuperación do patrimonio dun concello se sentan as bases para a recuperación e dinamización das vilas, ao tempo que se fomentan o turismo sostible e respectuoso.