jueves. 30.03.2023

Seguindo coa liña emprendida nos últimos tempos, de expor no seu recinto materiais da propia veciñanza da comarca limiá, o Museo da Limia acolle dende o día 22 de abril –e ata o vindeiro 15 de agosto–, unha exposición de máis de 200 figuras de ras, pertencentes á colección particular do veciño da Limia, Antonio Blanco.

A citada exposición leva o mesmo título do libro do escritor limiao Rafael Laso Lorenzo: "Unha vida de ra" (publicado pola editorial Tambre), que colabora na mesma.

Durante o tempo da exposición e, en datas pendientes de determinar, haberá no Museo da Limia distintos actos relacionados co anfibio homenaxeado.

Ademáis das 200 figuras de Antonio Blanco, a exposición complétase con frases e textos entresacadas do citado libro de Rafael Laso e con fotos de reneiros da comarca que hai anos se dedicaban á pesca da ra na antiga Lagoa de Antela e no canal posterior á súa desecación.

Durante o tempo da exposición e, en datas pendientes de determinar, haberá no Museo da Limia distintos actos relacionados co anfibio homenaxeado.

Así, presentarase ao público o citado libro de Rafael Laso Lorenzo, "Unha vida de ra", e haberá un coloquio no que, raneiros de entón, falarán das súas experiencias e mesmo do significado da ra na comarca da Limia; concluíndo cunha degustación de lembranzas gastronómicas a partir das ancas de ras.

Presentarase ao público o citado libro de Rafael Laso Lorenzo, "Unha vida de ra".

Esta exposición é o prefacio dos actos conmemorativos do 60º aniversario do inicio dos traballos da disecación da Lagoa de Antela, cuxa programación e eventos serán anunciados no vindeiro mes de xuño, unha vez pechada a programación dos mesmos. .

Comentarios