O Museo da Limia pecha ata febreiro

museo
O Museo da Limia pecha ata febreiro

Estas accións son incompatibles coas visitas do público

O Museo Etnográfico da Limia pecha as súas protas ata a primeira semana de febreiro para realizar labores de mantemento das pezas. Estas accións son incompatibles coas visitas do público, polo que non se poderá acceder ao recinto durante todo este mes, segundo apuntou o rexedor de Vilar de Santos, Xan Jardón.

Moitas das pezas que conforman mostra que acolle o recinto son de madeira e débeselles aplicar un tratamento específico para evitar as pragas e o caruncho. Durante estas semanas tamén se reparará un dos baños, o patio e máis unha "entrecuberta".

O Consello Directivo da institución museográfica aproveitará este mes de xaneiro para reunirse e acordar as liñas de actuación para este ano 2017. Así mesmo, nesa reunión fecharaase o balance das actividades que se levaron a cabo no ano 2016, no que o museo celebrou o seu vixésimo aniversario.