O museo de Vilar de Santos celebra este ano o seu 20 cumpleanos

34
O museo de Vilar de Santos celebra este ano o seu 20 cumpleanos

Unha exposición e unha conferencia os primeiros actos da súa celebración

O Museo Etnográfico da Limia acolle, o próximo sábado 23 de abril, ás 19:30 horas, a conferencia da investigadora, xornalista e actriz compostelá Comba Campoy, "Barriga Verde. Un heroe contra o poder".

A comunicación de Campoy tratará de deixar luz sobre o teatro de monicreques de José Silvent Martínez "Barriga Verde", como modo de expresión dunha certa disidencia nun escenario coma o do Franquismo. Unha nova ollada sobre as feiras tradicionais da man do espectáculo de marionetas.

O acto enmárcase na programación do Museo da Limia, do que se cumpren 20 anos este próximo mes de maio, na súa actual localización na antiga Casa Reitoral de Vilar de Santos.

EXPOSICIÓN DE ANTONIO NOGUEIRAS

35

Ata o 31 de maio, está aberta a exposición do veciño Antonio Nogueiras, "Mostra de instrumentos musicais".

A mostra é unha exposición de instrumentos musicais diversos, de corda, de aire, de percusión, etc, adquiridos polo mundo adiante, como consecuencia de viaxes do dono.

Permítenos coñecer os medios usados en varios lugares do mundo, para expresar as súas manifestacións culturais no campo da música.

O acto enmárcase na programación do Museo da Limia, do que se cumpren 20 anos este próximo mes de maio, na súa actual localización na antiga Casa Reitoral de Vilar de Santos.