As novas exposicións do Museo da Limia

As novas exposicións do Museo da Limia
Dende hoxe, ata o 15 de setembro poderán visitarse todos os sábados e domingos, en horario de 11:30 h a 13:30 h e de 17:00 h a 19:00 h.

Hoxe pola mañá inauguráronse dúas novas exposicións no Museo da Limia. O acto estivo presidido polo Alcalde, Antonio Miguez, o Coordinador do Museo, Antón Jardón e a Presidenta da Asociación de Artesáns, Limiar, Mercedes Veites.

Dende hoxe, ata o 15 de setembro poderán visitarse todos os sábados e domingos, en horario de 11:30 h a 13:30 h e de 17:00 h a 19:00 h.

Veciños

O artista Manolo Traveso volve ás paredes do Museo da Limia. Nesta ocasión, faino con detallados e precisos retratos de persoas de antes e de agora, parentes e amigos, xentes do lugar que viven a súa e tamén a nosa existencia.

Traveso captura a expresión, a xesticulación, o estar e os acenos de individuos que quixeron facer deste territorio a súa morada das emocións. O dominio da arte do debuxo con pluma e tinta negra permítelle ao creador trasladar con mestría ao papel a alma e o sentir de personaxes reais, auténticos e latexantes, como se fosen fotografías descontinuas.

Encontros Artesáns

undefined

Unha mostra de obxectos que xorde da iniciativa dos artesáns de Limiar da implicación entusiasta da Asociación de Mulleres de Vilar de Santos (Arracada) e da querenza anovadora do Museo da Limia. Estas obras están feitas nos obradoiros impartidos con alto nivel por Julia Márquez (pintura), Sergio Moreno (cestaría) e Mercedes Véitez (bordado).

As pinturas, os cestos e os bordados, realizados polos trinta asistentes aos talleres, que podemos contemplar hoxe na antiga reitoral conforman as primeiras manifestacións destes encontros que lle está a conferir unha nova dimensión ao museo.