"Falando d´A luz da chuvia", un novo encontro no Museo da Limia

Cartel A luz da chuvia, Vilar de Santos.
"Falando d´A luz da chuvia", un novo encontro no Museo da Limia
O Museo da Limia acolle este venres, 19 de agosto, ás 20:00 horas un evento no que se falará do libro A luz da chuvia de Delfín Caseiro e Antón Jardón

A luz da chuvia é un libro que reúne 10 relatos que están inspirados na literatura oral popular. Ademais, estes recrean a vida dunha serie de personaxes do mundo rural da posguerra.

Este libro será o tema da xornada do venres no Museo da Limia, Vilar de Santos, xa que se celebrará un encontro ás 20:00 horas para "falar d´A luz da chuvia".

Neste evento intervirán Angeles Castro, catedrática de Xeografía e Historia, Indalecio Freire, ex xefe da Policía Autonómica de Ourense, Xosé M. Pérez Bouza, enfermeiro e exsenador, e por último Celia Fernández Clemente, libreira.