Novos horarios no Museo da Limia

horarios museo
Novos horarios no Museo da Limia

O Museo Etnográfico da Limia celebrou o pasado ano 2016 o seu 20º aniversario no emprazamento da antiga Casa Reitoral.

Coa chegada da primavera, chegan tamén novos horarios ao Museo Etnográfico da Limia –sito no concello limián de Vilar de Santos–, despois das obras de acondicionamento que incluíron entre outros o tratamento do beirado do edificio e os portóns exteriores.

Dende a institución museográfica informan de que para o período primavera-verán de 2017 o Museo permanecerá aberto os sábados e os domingos en horario de 11 a 13:30 horas da mañá e de 16 a 18:30 horas da tarde. O Museo Etnográfico da Limia celebrou o pasado ano 2016 o seu 20º aniversario no emprazamento da antiga Casa Reitoral. Neste tempo tense tornado unha referencia na preservación do noso patrimonio colectivo, particularmente do das limiás e limiaos.

Para a concertación de visitas guiadas pola semana, cómpre pórse en contacto co Museo a través no teléfono 988 465 883 ou ben enviando un correo electrónico ao enderezo museodalimia@vilardesantos.com