Obradoiros de verán no Museo da Limia

obradoiros de verán.
Obradoiros de verán no Museo da Limia
Nos meses de xullo e agosto, a Asociación de Artesáns da Limia – LIMIAR desenvolve no Museo da Limia obradoiros de olería e de macramé para cativos

A Asociación de Artesáns da Limia – LIMIAR vai levar a cabo en xullo e agosto novas actividades para os obradoiros de verán.

Obradoiro de olería.

Os sábados dende o 15 de xullo até o 15 de agosto haberá o obradoiro de olería. Estará impartido por Olería do Batán. O horario será dede 17:00 a 19:00 h.

Respecto á inscrición ao obradoiro, o prezo será de 30€. Para máis información e inscricións, recoméndase na páxina web do museo da limia, chamar ao teléfono 650 554 360.

Obradoiro de macramé para os máis pequenos.

Por outra banda, para a cativada, do 29 de Xullo ao 5 de Agosto terá lugar o obradoiro de macramé realizado por Rosa González. O prezo da inscrición é de 20€ e, neste caso, o teléfono para obter máis infomación é o 619 147 323.