As ras chegan ao Museo da Limia

UNHA VIDA RA
As ras chegan ao Museo da Limia

Preséntase unha exposición temporal e un libro.

O vindeiro sábado, día 10 de xuño, ás 11:30 horas, no Museo da Limia, o escritor limiao Rafael Laso Lorenzo presentará a nova exposición de Antonio Blanco xunto co libro. Ambos reciben o nome "Unha vida de ra".

Estas dúas presentacións conxuntas encádranse no marco da conmemoración do 60º aniversario de disecación da Lagoa de Antela

A exposición –colección particular de Antonio Blanco– comprende máis de 200 figuras deste anfibio moi común na Limia. O libro é unha obra do autor Rafael Laso Lorenzo.

Estas dúas presentacións conxuntas encádranse no marco da conmemoración, por parte do Museo da Limia, do 60º aniversario de disecación da Lagoa de Antela, decretada pola ditadura de Franco en decembro de 1956 e cuxas obras comezaron no ano seguinte.