O rexedor de Vilar de Santos de Compromiso por Galicia apoia a lista de NÓS Candidatura-Galega

cxg
O rexedor de Vilar de Santos de Compromiso por Galicia apoia a lista de NÓS Candidatura-Galega

Xan Jardón comunicouno nun mítin dos nacionalistas no seu concello

Xan Jardón de CxG amosou o seu apoio á lista de NÓS Candidatura-Galega, fíxoo nun mitín dos nacionalistas en Vilar de Santos na tarde do domingo. O rexedor sinalou que "é a única opción que ten os pés, o pensamento e o corazón neste país". Pola súa banda, a cabeza de lista de NÓS Candidatura-Galega por Ourense, Noa Presas, agradeceu o apoio de Compromiso por Galicia e resaltou que Vilar de Santos, "é un exemplo de que en Galicia se poden facer cousas doutra maneira e que son premiadas nas eleccións pola veciñanza".

Ó mitín asistiron uns corenta veciños do concello. Presas sinalou que "o único voto útil en Ourense é o que defende o país sen tutelas" e engadiu que a candidatura que ela encabeza continuará o traballo feito polo BNG nos últimos 20 nos no Congreso.