SApere Aude, un novo nome para a aldea de SAA

Adea de SAA
SApere Aude, un novo nome para a aldea de SAA

Vilar de Santos recuperará a Aldea de Saa para reconvertela nun espazo para a divulgación da experimentación e aprendizaxe do pasado.

A aldea de Saa, moi próxima á capital do municipio de Vilar de Santos, foi abandonada no ano 1969. Na primeira década do século XXI asinábase un convenio entre a Consellería de Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Vilar de Santos para a súa recuperación turística. Pretendíase daquela a construción dun edificio para cantina e restaurante, apartamentos, unha oficina de información turística, espazos de artesanía, forno, hortas e a posta en valor doutros espazos e elementos de interese etnográfico.

Vilar de santos 1

Con ese horizonte redactaríase un Plan Especial de recuperación do núcleo e acometeríanse obras de restauración nos seguintes anos. O obxectivo pasaba por recuperar as edificacións para que no futuro puideran desenvolverse actividades ligadas ao sector turístico, tamén como aula de formación e, incluso, a instalación dun mesón e aloxamentos para turismo rural. Actuacións encamiñadas á posta en valor dos recursos que axudaran a revalorizar os recursos naturais do municipio.

O orzamento total da actuación ascende a 29.505,92€ e o Concello de Vilar de Santos conta cunha porcentaxe de axuda do 80% (23.189,20€). Iniciados os trámites de contratación, a empresa adxudicataria Equipo EME comezará nas próximas semanas as obras que deberán estar concluídas á volta do verán.

Vilar de santos 2
Estado actual