jueves 28/10/21

Segue aberto o prazo para matricula na Escola Infantil de Vilar de Santos

Pechará o próximo 17 de abril

slide_escola

Ofértanse 20 prazas para nenos e nenas de ata os 3 anos de idade nun amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar.

A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, que pon á disposición das familias 20 prazas para crianzas ata os 3 anos de idade. O custe da inscrición varía dependendo da xornada escollida (media ou completa), sendo gratuíto para o segundo fillo e sucesivos.

cartel vilar de santos escolaO centro conta con persoal especializado que atende ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde. Un amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar pero tamén para acompañar aos menores no seu desenvolvemento como afirma Remedios Cid, unha das educadoras do centro: «Na escola infantil acompañamos a cada crianza no seu desenvolvemento integral. Ademais de proporcionar actividades e materiais adecuados ao seu momento evolutivo, creamos un entorno de seguridade emocional. Entorno que fomenta a súa autonomía, e polo tanto repercute nunha mellor autoestima

A escola foi recentemente reformada polo Concello de Vilar de Santos, contando cunha aula de infantil, zona de xogo, zona de gateo, unha zona de berces e un grande patio exterior de 250 metros cadrados delimitados no seu perímetro. Un lugar ideal para aprender xogando con todos os coidados necesarios.