O subdelegado do Goberno recibiu hoxe a Xan Jardón en Ourense

IMG_5672
O subdelegado do Goberno recibiu hoxe a Xan Jardón en Ourense

O alcalde do concello limián de Vilar de Santos visitou a capital provincial.

O alcalde do concello limián de Vilar de Santos visitou hoxe a capital provincial para ser recibido polo subdelegago do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

A audiencia produciuse na sede da Subdelegación do Goberno e o rexedor galeguista puido tratar co máximo representante do Goberno central temas referidos á seguridade cidadá que afectan directamente a Vilar de Santos.