A presentación do número 13 da revista Lethes pechará os actos na honra de Carlos Casares

PRESENTACIÓN LETHES
A presentación do número 13 da revista Lethes pechará os actos na honra de Carlos Casares

Este acto pecha todos os dedicados ao escritor limiao Carlos Casares con motivo das Letras Galegas de 2017.

O Centro de Cultura Popular do Limia, en colaboración co Museo da Limia e coa Fundación Carlos Casares, tconvida aos cidadáns e cidadás da Limia, así como demáis interesados, á entrega de Premios do "II Certame de creación literaria e creación plástica Carlos Casares" e á presentación do número 13 da revista Lethes, Cadernos Culturais do Limia, cuxa impresión correu a cargo da Deputación de Ourense. Neste número da revista Lethes participan máis dunha ducia de escritores e escritoras limiás.

O acto terá lugar o vindeiro día 27 de decembro, mércores, ás 17:30 horas en Vilar de Santos.

O acto terá lugar o vindeiro día 27 de decembro, mércores, ás 17:30 horas, no salón multiusos do concello de Vilar de Santos e no Museo da Limia.

Intervirán Gustavo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares, Delfín Caseiro, presidente do Padroado do Museo da Limia e Manolo Seoane, Presidente do Centro de Cultura Popular do Limia.

Acompañaranos o grupo musical Trovare e, despois da presentación, tomaremos un viño do País. Este acto pecha todos os dedicados ao escritor limiao Carlos Casares con motivo das Letras Galegas de 2017.