Vilar de Santos celebra as festas da Virxe das Neves este fin de semana

Vilar de Santos celebra as festas da Virxe das Neves este fin de semana
Tres xornadas de venres a domingo con diferentes actividades concertos e pasarrúas.

Este fin de semana celebraránse as Festas das Neves en Vilar de Santos. Unhas tres xornadas: venres, sábado e domingo; con diferentes actividades concertos e pasarrúas.

Programación

VENRES 5 DE AGOSTO

O venres 5 de agosto comezan as festas da Virxe das Neves en Vilar de Santos ás 10:00 horas co pasarrúas da asociación musical Achicoria. Ás 12:30 horas terá lugar a procesión e a misa cantada por Marosi, dando paso a unha actuación de Achicoria.

Ás 14.15 horas comezará a comida de confraternidade veciñal. E pola tarde, ás 18.00 horas, a sala multiusos acollerá "Positivarte" de Juanma Quelle e ás 19.30 horas os asistentes gozarán da representación teatral da Asociación Arracada. Ás 21:00 horas, concerto de Popey Gul e ás 23:30 horas, actuación dunha discoteca móbil.

SÁBADO 6 DE AGOSTO

O sábado 6, segunda xornada festiva, comezará ás 10:00 horas co maratón de fútbol sala. Ás 18.30 horas disputarase a final de fútbol e ás 19.30 horas terá lugar a entrega de premios aos participantes nos Obradoiros do Museo da Limia. Ás 20:30 horas María do Ceo ofrecerá un concerto e ás 23:00 horas actuará As Xingras da Arca. Para rematar a xornada, actuación musical do grupo Tanto Nos Ten.

DOMINGO 7 DE AGOSTO

Por último, o domingo 7, a banda Os Bandiños será a encargada de animar o pasarrúas das 10:00 e ás 12:30 horas celebrarase a misa na honra da Virxe. Ás 14.00 horas terá lugar a actuación de Os Bandiños e ás 17:00 horas os máis pequenos poderán gozar dunha gran Festa Infantil. Pola noite, ás 20:00 horas, o grupo A Roda ofrecerá un concerto.