Vilar de Santos contará co respaldo económico da Deputación de Ourense para proxectos de eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura

Visita ao Concello de Vilar de Santos.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita o Concello de Vilar de Santos para abordar co alcalde deste municipio, Antonio Míguez, as liñas de traballo abertas entre ambas administracións e perfilar novos
Vilar de Santos contará co respaldo económico da Deputación de Ourense para proxectos de eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou na mañá de hoxe o Concello de Vilar de Santos acompañado do alcalde, Antonio Míguez, e parte do seu equipo de goberno.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta mañá o Concello de Vilar de Santos para ratificar nunha reunión de traballo ao novo alcalde, Antonio Míguez, o apoio do goberno provincial a catro proxectos relacionados cos ámbitos da eficiencia enerxética, infraestruturas e cultura. Cun importe global superior a 100.000 euros, estas actuacións serán incluídas no expediente de modificación de créditos que se presentará ao pleno do mes de setembro.

Unha importante achega “que grazas á nosa xestión permite afianzar a colaboración entre a Deputación e o Concello, unha liña de traballo que tamén percibo tanto no alcalde como no equipo de goberno”, asegurou Manuel Baltar.

Ás -12.00 horas: Visita ao Concello de Vilar de Santos.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita o Concello de Vilar de Santos para abordar co alcalde deste municipio, Antonio Míguez, as liñas de traballo abertas entre ambas administracións e perfilar novos proxectos de cooperación. Lugar: Concello de Vilar de Santos.
Visita ao Museo da Limia

Baltar explicou que os proxectos nos que vai a cooperar o goberno provincial xa foran analizados durante o encontro que mantivo no Pazo Provincial co novo alcalde, logo da súa toma de posesión no pasado mes de marzo. “Este Concello é un exemplo de dinamización do medio rural e nós imos seguir acollendo iniciativas que vaian neste sentido, respondendo aos concellos como administración máis próxima á veciñanza e desde a Deputación como máis próxima aos concellos”.

Antonio Míguez expresou o seu agradecemento e o do equipo de goberno por esta visita institucional a Vilar de Santos, así como tamén “por contar co apoio da Deputación, básico para os concellos que somos máis pequenos”.

Ás -12.00 horas: Visita ao Concello de Vilar de Santos.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita o Concello de Vilar de Santos para abordar co alcalde deste municipio, Antonio Míguez, as liñas de traballo abertas entre ambas administracións e perfilar novos proxectos de cooperación. Lugar: Concello de Vilar de Santos.

Os proxectos que contarán con financiamento por parte da Deputación pertencen ao ámbito da eficiencia enerxética, a realizar no lugar de Vieiro e na zona do Centro de Día (52.000 euros); a humanización e mellora das rúas Fornos e Seixo, incluídas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Vilar de Santos (27.000 euros); a pavimentación de pistas da parcelaria en Casas da Veiga (18.000); e para o mantemento e funcionamento do Museo Etnográfico da Limia (12.000). Precisamente, o presidente da Deputación visitou este espazo museístico ao acabar a reunión desta mañá no Concello de Vilar de Santos.