Vilar de Santos inicia as actividades do Programa de Envellecemento Activo 2018

Día do maior 2017
Vilar de Santos inicia as actividades do Programa de Envellecemento Activo 2018

O programa está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores do concello, con actividades adaptadas que se desenvolverán no Multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes e xoves.

A iniciativa forma parte do Plan de Igualdade e Benestar impulsado polo Concello con programas e actividades abertos á participación veciñal e dinamización social, cunha gran influencia na mellora da calidade de vida e do benestar.

O Programa de Envellecemento Activo que se ven aplicando nos últimos anos está dirixido fundamentalmente ás persoas maiores do concello, con actividades adaptadas que se desenvolverán no Multiusos da Casa do Concello todos os luns, martes e xoves.

O Centro de Día de Vilar de Santos continuará co proxecto "Saber envellecer: corpo san en mente sa".

No Programa 2018, o Centro de Día de Vilar de Santos continuará co proxecto "Saber envellecer: corpo san en mente sa", semanalmente todos os luns con obradoiros de ximnasia biosaudable, andainas, memoria en movemento, bailoterapia, relaxación, xerontoximnasia, xogos cooperativos ou psicomotricidade cos obxectivos de prevención da dependencia, fomento da autonomía persoal e mantemento da saúde impartidos e dirixidos polo equipo interdisciplinar do centro: psicóloga, traballadora social, enfermeira, fisioterapeuta e xerocultora. Exercicios para a vida diaria co obxecto de mellorar as dificultades propias da idade, ademais de manter o corpo e a mente en forma.

Actividade Envellecemento 18

O Obradoiro de Ximnasia Activa, semanalmente todos os martes e xoves, está dirixido por unha fisioterapeuta. Trátase de ximnasia suave adaptada aos maiores e que ten como obxectivo promocionar a autonomía persoal. Busca mellorar o seu benestar físico e emocional a través de exercicios de ximnasia adecuados a cada un dos participantes. A actividade física é un medio de prevención da dependencia e de mantemento da saúde. Preservar a saúde física, psicolóxica e social, permite conservar a autonomía durante o maior tempo posible facilitando a independencia funcional ao tempo que concienciamos á poboación da necesidade de adquirir hábitos biosaudables.

Cando o bo tempo o permita, o programa realizarase nos parques biosaudables do municipio.

Cando o bo tempo o permita, o programa realizarase nos parques biosaudables do municipio. Haberá un servizo de asesoramento para o bo uso dos aparellos baixo a supervisión da monitora. Tamén nos meses de verán, ampliaremos as actividades incorporando a psicomotricidade acuática na piscina municipal.

Por outro lado, o Concello tamén puxo en marcha neste mes unha aula de teatro infantil dirixido aos mais pequenos de 3 a 12 anos. Pretendemos ocupar o ocio e o tempo libre dos nenos, ao tempo que fomentamos a creatividade e imaxinación, a súa autoestima. Un espazo para o respecto, as emocións e os valores. Máis adiante, no transcurso do ano está prevista a representación pública dalgunha peza e do traballo feito.

Todos os días polas tardes no Multiusos a xente moza do concello teñen unha cita cun espazo propio.

Todos os días polas tardes no Multiusos a xente moza do concello ten unha cita cun espazo propio que ofrece alternativas lúdicas para o tempo libre, un espazo para a convivencia e a participación con todo tipo de actividades deseñadas por eles mesmos.

A Aula CEMIT do Concello que está incluída na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, durante estes meses, polas tardes, organiza actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías ou mellorar coñecementos.

Estas iniciativas complementaranse con outras actividades, cursos, conferencias programadas, que ofrecen alternativas e que fomentan a convivencia e a participación veciñal nos diferentes espazos e lugares do concello.