VILAR DE SANTOS INVISTE 119.925 EUROS NA RENOVACION E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS

Vista doval de V. de Santos
VILAR DE SANTOS INVISTE 119.925 EUROS NA RENOVACION E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS

Cun investimento global de 119.925 euros, o Concello de Vilar de Santos comezou a execución de varios proxectos incluídos nun...

Cun investimento global de 119.925 euros, o Concello de Vilar de Santos comezou a execución de varios proxectos incluídos nun Programa de Infraestruturas con diversas actuacións de renovación e mellora viaria a desenvolver en todo o municipio co obxectivo de seguir ca modernización das infraestruturas públicas municipais durante os meses de agosto, setembro e outubro

Cun orzamento total de 34.377 euros, realizarase un Proxecto de mellora de camiños, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Este proxecto contempla a mellora nun total de 10 Km da rede municipal de camiños agrícolas da concentración parcelaria coa limpeza de cunetas para evitar os encharcamentos e desbordamentos e posterior nivelación e acondicionamento das pistas con zahorra. Esta actuación é de suma importancia tanto desde o punto de vista das infraestruturas como desde a actividade agraria, para tratar de previr os efectos negativos do encharcamento de auga nos camiños e nas terras de cultivo. No Parque Empresarial de Santa Marta e con financiación da Consellería de Economía e Industria e do Concello executarase un proxecto de mellora na pavimentación dos accesos, pintado de viais e outras actuacións menores cun importe global de 18.100 euros. Esta nova actuación complementa as instalacións e infraestruturas no Parque Empresarial para atraer a inversión e instalación de novas empresas e servizos. Na actualidade o polígono ocupa 225.000 m2 de superficie con 20 empresas instaladas. Incluído no Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos 2014 coa Deputación, está aprobada a inversión de 50.000 euros para un proxecto de obras de mellora na rede viaria municipal de Breixome de Arriba-Laioso e Casas da Veiga. Tamén se executarán obras na rede municipal de saneamento do concello, en Barrio e Parada, por un importe de 12.000 euros. Por último, na zona de Rede Natura do concello investiranse un total de 5.447 euros nun total de 6 Km mais de pistas e camiños nunha actuación dirixida á mellora da paisaxe agraria coa limpeza e restauración dos camiños de acceso ás fincas desta zona, cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente. Este conxunto de proxectos súmanse a outras intervencións xa executadas ó longo do ano de mellora noutros camiños, o desbroce e limpeza en todos os pobos e espazos públicos, na rede de sendeiros, e a limpeza dos regatos e desaugadoiros que se están acometendo actualmente.