Vilar de Santos mellora e reforza o abastecemento de auga potable municipal

ETAP A Veiguiña- Vilar de Santos
Vilar de Santos mellora e reforza o abastecemento de auga potable municipal

Cun investimento de 24.600 euros, rematou a execución dun proxecto de mellora do abastecemento na ETAP da Veiguiña, con financiación de Augas de Galicia.

O Concello de Vilar de Santos executou varios proxectos de mellora na Rede Municipal de Augas. Estes proxectos e actuacións están incluídos nun "Plan de Mellora da xestión e calidade da Rede Municipal de Abastecemento de Auga e Saneamento", e co que pretenden seguir modernizando os servizos e infraestruturas públicas municipais en condicións óptimas, ao longo das diversas fases do ciclo da auga asumindo a xestión e mantemento de mananciais e captacións, dos depósitos de almacenamento, as instalacións de bombeo, a explotación da rede de distribución, a reparación de tubaxes, a potabilización e o control da calidade da auga, así como o saneamento e depuración. Todo este proceso acométese en Vilar de Santos mediante a xestión pública directa municipal coa colaboración puntual en traballos de reparación e avarías.

Cun investimento de 24.600 euros, rematou a execución dun proxecto de mellora do abastecemento na ETAP da Veiguiña, con financiación de Augas de Galicia.

Cun investimento de 24.600 euros, rematou a execución dun proxecto de mellora do abastecemento na ETAP da Veiguiña, con financiación de Augas de Galicia. Os traballos consistiron na construción dun novo pozo de captación e bombeo de 5 m de profundidade, a instalación de 2 bombas –cada unha delas cunha potencia de 2,4 kW e con capacidade para impulsar 10 m3/hora–, as instalacións auxiliares e dispositivos precisos para o funcionamento, a conexión da canalización de impulsión ca rede da ETAP, a instalación dun cadro de mando e control, canalizacións eléctricas necesarias e o correspondente cerramento.

A Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) da Veiguiña, foi un proxecto executado no ano 2009 e posto en funcionamento no 2010. Un proxecto planificado de enorme transcendencia non só pola inversión realizada –552.000 euros–senón polo servizo posto en marcha que ten permitido contar cun equipamento con instalacións de última xeración e tecnoloxía que ten garantido totalmente o abastecemento e a máxima calidade da auga nos núcleos do concello e no Parque Empresarial. Neste caso, e dada a situación de seca existente, as obras melloran e reforzan a capacidade de abastecemento de auga potable do municipio.

Tamén cunha axuda 17.122 euros da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza puideron rematar outro proxecto de mellora do abastecemento de auga potable na parroquia de Parada.

Tamén cunha axuda 17.122 euros da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza puideron rematar outro proxecto de mellora do abastecemento de auga potable na parroquia de Parada que abastece aos núcleos de Parada, Outeiro, O Vieiro, A Ponte, O Mosqueiro e Castelaus con obras nunha nova captación xa en funcionamento, redes de distribución e a súa interconexión coa Rede Municipal de Augas.

No mes de outubro realizouse tamén outra pequena obra, xa operativa, de mellora do abastecemento de auga cun novo bombeo e captación en Bréixome de Abaixo e a conexión coa rede de abastecemento para Bréixome de Arriba, A Venda e Toxediño, cunha inversión de 9.000 euros.

Na situación de seca decretada pola Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola falta de chuvia en Galicia –especialmente na nosa provincia– en Vilar de Santos non ten faltado auga.

Estes proxectos e actuacións súmanse a outras xa feitas e outras previstas. Nestes últimos anos ten sido un obxectivo prioritario para o concello limián e un extraordinario esforzo económico de inversión e de xestión de mais de 2,5 millóns de euros na Rede Municipal de Abastecemento de Auga e Saneamento para garantir o subministro de auga a todos os veciños e veciñas.

Xoan Jardón

Na situación de seca decretada pola Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pola falta de chuvia en Galicia –especialmente na nosa provincia– en Vilar de Santos non ten faltado auga, pero o consistorio presidido por Xan Jardón vai seguir tomando medidas co fin de garantir o subministro de auga con novos investimentos para o presente ano 2018 que melloren a súa capacidade de captación e abastecemento, almacenamento e distribución da Rede Municipal de Augas para os próximos anos.