13 de noviembre de 2022, 22:13
Non faltaron nis as castañas, nin chourizos, nin por suposto a empanada e a carne a brasa, que unha vez máis foi cousa de Salva.
O alcalde Antonio Míguez, estaba eufórico, e non era para menos, con tantos dos seus veciños se reuniron baixo unha carpa para celebrar o magosto, o primeiro do seu mandato. Tal era a súa ledicia que non dubidou en fotografarse con dous dos varios roscóns de categoría que foron degustados unha vez rematou a comida acompañado, como non podía ser doutra maneira cun bo licor.





