VILAR DE SANTOS RECLAMALLE A FENOSA 4 ANOS DE COBROS "INDEVIDOS"

ALCALDE VILAR DE SANTOS
VILAR DE SANTOS RECLAMALLE A FENOSA 4 ANOS DE COBROS "INDEVIDOS"

Xan Jardón pide para o seu Concello a devolución dos 5 anos que considera que lles adebeda Gas Natural – Fenosa por unha sobrefacturación

Xan Jardón pide para o seu Concello a devolución dos 5 anos que considera que lles adebeda Gas Natural – Fenosa por unha sobrefacturación na prestación do servizo de suministro de enerxía eléctrica, e denuncia a falta de resposta das institucións ante as súas reclamacións.

O alcalde de Vilar de Santos e secretario local de Compromiso por Galicia nesta localidade , Xan Jardón, compareceu ante a prensa esta mañá para denunciar a \“inacción das institucións\” ante a reclamación presentada por este concello no Instituto Galego de Consumo contra \“a estafa \“ de Gas Natural Fenosa, quen cobrou \“20% máis por cada ano\” de uso de enerxía reactiva durante 5 anos. O pasado mes de marzo, o Concello fixo una reclamación en Consumo, pero en Vilar de Santos \“aínda estamos agardando pola resposta\”, di Jardón.

Segundo o alcalde, \“Fenosa recoñeceu fraude na facturación e no mes de marzo fixo a devolución dun ano de facturación baseándose nun informe non publicado no BOE\”. Pero, para Jardón \“é insuficiente\”, pois pide os 4 anos de devolución restantes, é dicir, \“arredor de 33.000 euros\”. A compañía \“abusa da posición dominante\” e desde as institucións \“non nos protexen\”, dixo.

Sen acceso ao expediente sancionador.

Por outra banda, o rexedor de Vilar de Santos destacou o feito de que desde o Concello non puideran acceder en todo este tempo, \“xa un ano\”, ao expediente sancionador que a Consellería de Economía e Industria abriu a Gas Natural-Fenosa. Ademais, o Concello non recibiu resposta ningunha nas diversas ocasións que, segundo o rexedor, ten requerido personarse na causa.

No mes de abril, o Concello de Vilar de Santos recorreu á Mesa do Parlamento de Galicia para solicitar a comparecencia do alcalde para instar á Comisión Nacional de Enerxía a actuar. Sen embargo, desde a Mesa a cuestión aos grupos parlamentarios, \“ que non fixeron nada por pedir a miña comparecencia\”, lamentou Jardón. Tras esta negativa, o alcalde recorreu directamente á Comisión de Enerxía, quen se escusou na falta de competencias no ámbito.

O caso do Concello de Coles, que recibirá a devolución dos 5 anos.

Jardón recordou a recente sentenza que favoreceu ao Concello de Coles no mesmo caso. Data do mes de outubro e recoñece que se lle devolvan 5 anos de facturación indebida xa que \“como o informe de Fenosa non está publicado no BOE, non ofrece seguridade xurídica\”.