Vilar de Santos reedita a súa campaña de recollida de xoguetes

vilardesantos
Vilar de Santos reedita a súa campaña de recollida de xoguetes

O obxectivo é que "ningún neno se quede sen xoguetes".

Despois do éxito da campaña municipal de recollida do ano pasado, este ano o Concello de Vilar de Santos, en colaboración con varias entidades sociais, pon en marcha –de novo– a súa campaña de recollida de xoguetes "en bo estado ou novos" para repartir nesta época de Nadal. O obxectivo do consistorio limián é "que ningún neno ou nena quede sen un xoguete".

O prazo de recollida dos xoguetes está aberto até o vindeiro día 12 de de decembro. A entrega dos xoguetes pode facerse todos os días de 9 a 15 horas e de 16 a 20 horas, nos Servizos Sociais do Concello ou na Biblioteca Municipal.

Desde o goberno local do municipio convidan á veciñanza da comarca da Limia a "manifestar e expresar toda a súa solidariedade e colaborar nesta campaña municipal".