Vilar de Santos suma un positivo ao que xa tiñan

135468173_3842974062388755_1412662076227955850_n
Vilar de Santos suma un positivo ao que xa tiñan

Unha vez máis o alcalde quere agradecer o comportamento cívico e o esforzo da veciñanza

O alcalde de Vilar de Santos deu a coñecer na páxina oficial un aviso informativo COVID-19, logo detectarse un novo positivo no seu concello.

Desde a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde comunican a existencia de dous (2) casos activos de Covid-19 no concello.

Como ata agora, debemos manter o criterio de responsabilidade e prudencia no desenvolvemento de actividades e servizos para evitar a propagación do virus. Debemos extremar a precaución e a prevención.

Insistir e recordar novamente, a necesidade de cumprir estritamente todas as medidas ditadas polas autoridades sanitarias:

- Uso obrigatorio da máscara en todo momento

- Manter a distancia de seguridade

- Lavarse as mans correctamente ou utilizar xel hidroalcohólico,

- Evitar tocarse os ollos, nariz e boca e boa hixiene respiratoria

- Limitar os contactos sociais e cumprir as restricións en vigor

- E lembrar que en caso de ter algún síntoma, contactar co 061 ou co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116

Por último, unha vez mais agradecer o comportamento cívico e o esforzo da veciñanza e apelar á responsabilidade persoal e á prudencia de todos, e non baixar a garda para lograr o obxectivo común de manter a saúde pública de todos os veciños e veciñas do noso concello.

Seguiremos actualizando a información que nos sexa notificada oficialmente polas autoridades sanitarias.