XAN JARDÓN ELEXIDO POR UNANIMIDADE CANDIDATO DE COMPROMISO Á ALCALDIA DE VILAR DE SANTOS

IMG-20150227-WA0005
XAN JARDÓN ELEXIDO POR UNANIMIDADE CANDIDATO DE COMPROMISO Á ALCALDIA DE VILAR DE SANTOS

Máis dun cento de veciños participaron no acto de elección, no que o xa candidato se comprometeu a seguir traballando para \“que tódolos veciños/as se sigan sentido orgullosos de vivir en Vilar de Santos\”

Na defensa da súa candidatura Xan Jardón puxo de manifesto o logros do seu grupo de goberno no último mandato, que aínda que son moitos el considerou que o mais salientable e que \“a pesar da crisis fomos capaces de manter e ampliar o nivel dos servizos que se lle prestan ao cidadáns, sin necesidade de recurrir ao endebedamento. O que para outros alcaldes pode parecer froito dun milagre, non é máis que a consecuencia dunha xestión rigurosa e seria, que non é só merito meu, senón de todo o grupo de goberno actual e tamén como non, dos que nos precederon a nós, que foron os que sentaron as bases do que hoxe é Vilar de Santos\”.

O actual Alcalde espera renovar a confianza maioritaria dos veciños para un novo mandato e indentificou como principal reto para o próximo andato \“frear a caída de poboación a base de seguir ampliando os servizos e apostando pola implantación de novas empresas no polígono industrial que xeneren emprego, sobre todo vinculado ao sector industrial e ao da transformación e comercialización de productos agrarios e gandeiros\”.